Thursday 25 de April de 2024

Trenor informa que a comarca de Bergantiños-Costa da Morte contará con dúas unidades de Atención Temperá coa nova orde de axudas


Esta nova orde reserva para estes dous centros máis de 568.000 euros e terá carácter plurianual para darlle aos concellos máis facilidades para a súa posta en marcha

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López, visitaron a unidade de atención temperá do Concello para informar da resolución das axudas para a creación de unidades de atención temperá por parte de entidades locais. Con esta nova orde atenderase a máis de 5.000 nenos de toda Galicia que presenten problemas de desenvolvemento.

O representante do Goberno galego informou que a comarca de Bergantiños-Costa Morte continuará con dúas unidades unha na Laracha e outra solicitada pola agrupación de concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo. Estes dous centros contarán cunha axuda que comprende a actividade dos anos 2022-2023-2024 de máis de 568.000 euros para garantir o seu funcionamento.

Trenor puxo en valor a importante aposta durante os últimos anos por estes servizos de atención. Neste sentido, concretou que no ano 2009 existían dúas unidades na nosa Comunidade que daban atención a 15 concellos galegos, mentres que na actualidade son xa máis de 40 os centros que dan servizo a máis de 200 municipios. “É dicir, cada vez máis familias contan con este servizo ao carón das súas casas, o que fomenta a igualdade de oportunidades con respecto ás familias que viven nas cidades” afirmou.

O representante do Goberno galego apuntou que “este recurso permite actuar ante posibles problemas no desenvolvemento de nenos de ata 6 anos de idade”. Como novidade, esta convocatoria —dotada con 12 millóns de euros— será de carácter plurianual, o que permitirá darlle aos concellos máis facilidades para a súa posta en marcha, ao garantir a seguridade financeira e reducir o papelame para solicitar as axudas.

COMARCA COSTA DA MORTE

ENTIDADE PROFESIONAIS 2022 2023 2024  IMPORTE TOTAL
AGRUPACIÓN DE DUMBRÍA, CAMARIÑAS, CARNOTA, CEE, CORCUBIÓN, FISTERRA, MAZARICOS, MUXÍA, ZAS E VIMIANZO 5  22.164,77 €  135.022,18 €  165.253,05 €  322.440,00 €
CONCELLO DA LARACHA 4  20.540,00 €  102.700,00 €  123.240,00 €  246.480,00 €
TOTAL 9   42.702 €   237.722 €   288.493 €   568.920 €